Ampliación do prazo de presentación de solicitudes para Conecta Peme

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes ata o día 9 de febreiro de 2016.

Remítese información sobre os principais puntos da convocatoria:

  •  Tipoloxía do proxecto GsProfarm

 Innovación en materia de procesos: aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos). Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

Modernización dos sectores primarios galegos (agricultura, pesca, gandaría e forestal) cara á mellora sustentable dos indicadores de eficiencia e rendibilidade das explotacións e á xeración de produtos e servizos innovadores.
As áreas de mellora relacionadas con esta prioridade deben estar relacionadas con todas as fases da cadea produtiva, artellándose principalmente arredor de innovacións para optimizar o uso dos recursos (fertilizantes, concentrados, fitosanitarios, auga, enerxía, xenética), ampliar a base territorial das explotacións, mellorar a súa xestión económica, crear novos produtos e canles de comercialización, reducir e controlar os riscos ambientais e mellorar a eficiencia enerxética, avanzar na loita integrada de pragas e o control de enfermidades; reducir a contaminación das augas e do aire polos gases de efecto invernadoiro e protección e explotación sustentable de recursos hídricos (rías e continentais). Así mesmo, de forma transversal, realizaranse actuacións de conservación, reposición e restauración do ambiente e o equilibrio territorial que contribúan á mellora, valorización e modernización dos recursos naturais e dos seus aproveitamentos.

  •     Orzamento

        Mínimo de 500.000 euros
        Máximo de 1.500.000 euros
        Participación mínima por cada membro da agrupación de 75.000 euros
        A participación dunha única empresa será inferior ó 65 % do orzamento subvencionable total do proxecto
        A participación de grandes empresas limitarase a un máximo do 25 % do orzamento subvencionable total do proxecto

  •     Cumprimento do efecto incentivador: a solicitude de axuda tense que presentar antes do comezo do proxecto
  •     A duración mínima da actividade será de dúas anualidades e a máxima estenderase ata o 31 de decembro de 2018.
  •     As agrupacións deberán estar constituídas, como mínimo, por dúas empresas non vinculadas entre si das que unha deberá ser peme e, como máximo, por seis empresas.
  • Deberá nomearse un líder que será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.  Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia, que deberá corresponder ao representante legal ou apoderado da empresa líder da agrupación.
  •  Intensidade máxima das axudas a fondo perdido:

  •     Custos subvencionables:
  1.   Custos de persoal

        - Imputado exclusivamente ao desenvolvemento das actividades de I +D+i do plan de traballo do proxecto
        - Poderán subvencionarse os custos de persoal directivo e xerencial que realice labores de investigación no proxecto cunha dedicación máxima do 70 %
        - No caso de traballadores autónomos, a súa dedicación mensual estará limitada ao 50 %.
        - Valorarase a cotratación de persoal para o proxexto

  1. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición na medida e durante o período en que se utilice para o proxecto.
  2. Materiais, subministracións e produtos similares, incluido novas licenzas e as renovacións de licenzas de software se son de uso específico para o proxecto e non de uso xeral
  3. Adquisición de patentes.
  4. Servizos tecnolóxicos externos.
  5. Subcontratacións ( Valorarase a colaboración con universidades, organismos de investigación, centros hospitalarios, centros tecnolóxicos e organismos científicos con recoñecemento internacional)
  •     Prazo de solicitude:

22 de xaneiro

Ata o día 9 de febreiro de 2016