O destino Galicia segue coa súa internacionalización
Unha delegación do Clúster Turismo de Galicia, composta por 30 asociados, participa dende onte na World Travel Market de Londres cunha misión comercial para manter contactos con turoperadores.
“A nosa presenza na WTM Londres é unha cita obrigatoria,é unha excelente oportunidade para continuar traballando na internacionalización dos nosos produtos turísticos”, dixo o presidente do clúster, Francisco González.
Onte deu comezo esta misión comercial ao World Travel Market, unha das feiras sectoriais de referencia para o sector turístico a nivel internacional e na que manter contactos con turoperadores internacionais aos que se lles presentará a oferta de Galicia como destino turístico, ofrecéndolles ás empresas participantes a posibilidade de contactar con compañías especializadas nos diferentes produtos turísticos. A misión, auspiciada polo clúster en colaboración con Turismo de Galicia, desenvólvese no recinto feiral ExCel de Londres, no espazo de traballo que Turespaña habilitou para Galicia. Alí están representantes do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, da Federación Galega de Turismo Rural, do Complexo Hoteleiro Santamaría, Hotel San Lorenzo, Palexco, Grupo Empresas Canabal, Tee Travel, da Asociación de Empresarios de Hospedaxe da Coruña (Hospeco), da Asociación Galega de Axencias de Viaxe (Agavi), Hotel Blue Coruña, Gran Hotel Los Abetos, Aptos. El Velero, Seijas y Otero, Hotel Rotilio, Hotel El Puente Sanxenxo, Hotel Nanin Playa, Hotel Pazo de Altamira, Apto. Trisquel, Hotel Val do Naseiro e Interrías.
World Travel Market
Os contactos e actividades da delegación comercial continuarán no WTM ata o próximo xoves, aproveitando este gran referente da industria turística a nivel mundial no que se dan cita 50.000 profesionais das viaxes. Compradores e vendedores de todo o mundo e de todos os sectores da industria de viaxes danse cita en WTM. Cómpre lembrar que o noso país é o primeiro destino para os británicos e o Reino Unido é o principal mercado emisor para España. Na actualidade hai conexións dende 28 aeropuertos británicos a 35 españois, sen esquecer que o Reino Unido é o país de orixe dun 23,6% do total de chegadas internacionais e xera un 20,3% dos ingresos por turismo en España. Ambos indicadores, volume e gasto, convirten ao Reino Unido no principal mercado para o noso país, por diante de Alemaña e Francia.
Consulta la noticia